Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2022/23.

Requisitos:
Para o acceso aos estudos superiores de Música, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia.

prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 23 de maio

Datas das probas:
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 31 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 14 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia

Máis información no DOG do 21 de abril de 2022 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all