Probas de avaliación en competencias clave

A Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A
Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2023 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave?langId=es_ES

Que son as competencias clave?
Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, o alumnado deberá estar en posesión, antes de iniciar o curso, de determinadas titulacións mínimas ou ter as competencias clave necesarias, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
Para todas aquelas persoas que non posúan as devanditas titulacións, establécense dúas opcións para conseguir esas competencias clave:
– Realizar os cursos de formación para o emprego das competencias clave correspondentes
– Realizar as probas das competencias clave correspondentes