Probas libres para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Requisitos: persoas maiores de 16 anos.

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Lugares e calendario das probas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0177-150921-0001_gl.pdf#page=2

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.

O prazo estará aberto ata o 30 de setembro de 2021.
Máis información no DOG do 23 de setembro de 2021.