Probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais

ORDE do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2020 (código de procedemento ED527A).

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para realizar os exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais (código do procedemento ED527A) para o ano 2020 nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Artigo 2. Convocatorias

O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas primeira e segunda, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

En razón do número de participantes inscritos nas últimas convocatorias e co obxectivo de optimizar os recursos, a relación de especialidades que serán obxecto de exame en cada unha das convocatorias será a seguinte:

1. Especialidades obxecto de exame na primeira convocatoria:

Carnés profesionais:

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

2. Especialidades obxecto de exame na segunda convocatoria:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA