Programa Aguaventura 2024 UVIGO

Programa Aguaventura 2024 UVIGO

A edición de primavera 2024 de Aguaventura desenvolverase entre o 6 e o 28 de abril.

Estas son as actividades propostas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte:

Mergullo, surf, flyboard, rafting, caiac, wakeboard e windsurf son as actividades incluídas na edición de primavera 2024 do programa Augaventura, organizado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.

Poderán participar os membros da comunidade universitaria e os seu familiares, integrantes da comunidade alumnado, PDI e PAS xubilado, así como as persoas alleas á UVigo, que deberán inscribirse a través da web de Campus Activo, onde tamén poderán realizar o correspondente pagamento da actividade seleccionada.

O prazo de inscrición xa está aberto e pecharase en diferentes datas, en función do inicio de  cada unha das actividades do programa, no que se estableceron limitacións en función da idade dos participantes.

Así, para tomar parte nas sesións de wakeboard e windsurf cómpre ter cando menos 12 anos e 17 no caso do flyboard. Ademais os e as menores deberán achegar unha autorización da nai, pai ou titor legal.

Máis informacion:
www.uvigo.gal
Inscrición