Dende ASEIA, Asociación para a Saúde emocional na infancia e na Adolescencia, poñemonos en contacto, para informavos que a nosa asociación comezou hai xa máis de dous anos a súa labor presencial na cidade de Vigo. Nesta liña, un dos programas de intervención máis destacados da asociación, e que xa ven de traballar na cidade de Ourense e na localidade de Allariz dende o ano 2014, está a intervir tamén na cidade de Vigo.
O Programa ASEIA- Alento Vigo, traballa dende a mesma perspectiva e metodoloxía, co obxectivo de atender e dar apoio profesional, a mozos e mozas que se atopen en proceso de inclusión social. O Programa está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e está dirixido a adolescentes que teñan dificultades a nivel personal, social e/ou laboral, e que non podan acceder a outro tipo de recursos.
O programa ofrece atención en diferentes áreas:
- Acompañamento terapéutico
- Apoio psicolóxico
- Orientación sociolaboral
- Medicación e xestión de conflitos.
Podes solicitar máis información a través do correo electrónico aseia.atenciondedia@gmail.com (indicando no asunto ASEIA- Alento Vigo), ou no teléfono: 613.040.375 |