Programa Coñece Galcia: Minicampamentos

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 9 e 14 anos no momento de asistencia á quenda de actividade elixida e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.

A inscrición a este programa abriráse o 10 de xuño ás 12 horas

FOLLETO INFORMATIVO

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran