Programa “Coñece Galicia”

Programa “Coñece Galicia”. Trátase dunha iniciativa lúdico formativa para desenvolver en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, que sirva tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto de 2020, cunha oferta total de 533 prazas, distribuídas nun total de 14 programas e instalacións diferentes.

+Info