Programa contra desafiuzamentos 2021

Estas Bases teñen por obxecto fixar os criterios e regulamentar a concesión de axudas económicas con cargo ós orzamentos municipais do Concello de Vigo para atender situacións extraordinarias que poidan considerarse de emerxencia social.

A finalidade destas axudas é a de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar unha determinada situación de emerxencia social relacionada coa súa vivenda, coa alimentación básica das persoas integrantes da unidade familiar/de convivencia e outras situacións debidamente acreditadas de necesidade que, de non ser atendidas, poderían derivar en marxinalidade ou exclusión social.

+Info: BOLETÍN OFICIAL PONTEVEDRA