Programa Cultiva 2022

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca subvencións destinadas á organización do Programa CULTIVA, relacionadas coas estancias formativas de mocidade agricultora ou gandeira en explotacións modelo, para o ano 2022.

O Programa CULTIVA 2022 consiste en estancias de entre 5 e 14 días de formación que contribúan á transferencia de coñecemento e a formación práctica dos mozos e mozas profesionais agrarios.

As entidades beneficiarias deberán acompañar á súa solicitude un plan de estancias formativas co conxunto de explotacións modelo de acollida e as estancias programadas en cada unha delas. Este plan será de carácter suprautonómico e garantirá a presenza de explotacións con mulleres á fronte das mesmas. Ademais, todas as explotacións agrarias de acollida terán que estar vinculadas á entidade que as presente e ser modélicas desde o punto de vista da innovación, os medios produtivos, o modelo de negocio ou as características sociais, ambientais ou climáticas.

O conxunto dos plans presentados polas entidades solicitantes conformarán o Catálogo de Estancias Formativas de 2022 e será a base para a selección de estancias polos novos agricultores e gandeiros.

Este ano poderán participar no Programa CULTIVA aquela mocidade profesional instalada por primeira vez na actividade agraria como responsable de explotación en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017 e que tiñan menos de 41 anos no momento da súa incorporación ao sector. Na asignación das estancias formativas priorizaranse os mozos e mozas máis recentemente instalados, as mulleres agricultoras e gandeiras e aqueles que non participasen na programa do ano pasado.

As estancias formativas empezarán a desenvolverse no terceiro trimestre deste ano e estenderanse ata o 30 de xuño de 2023.

Prazos:
As entidades de acollida poden presentar as solicitudes ata o 23 de maio de 2022
convocatoria para a mocidade gandeira ou agricultora abrirase unha vez seleccionadas as entidades de acollida e elaborado o catálogo de formación

https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/