O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de abril a xullo de 2022 se organizarán presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública “Juam Compañel”. r/Joaquin Yáñez,6-2º andar).
Retomaremos de forma presencial actividades como: Club de lectura , Faladoiros, Laboratorio de lectura e escritura , Presentación de libros, etc.
Para participar no Club de Lectura é preciso cubrir a ficha de inscrición, que se pode descargar en formato editable nos arquivos adxuntos.
Para participar no Laboratorio de Lectura e Escritura é preciso cubrir a ficha de inscrición específica que se pode descargar en formato editable nos arquivos adxuntos.
Para asistir aos Faladoiros e ás Presentacións de libros non é necesaria inscrición previa. O acceso será libre ata completar a capacidade do local.
Máis información:
Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.
Teléfono: 986 436 441. Enderezo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org
Nos arquivos adxuntos pódese obter información completa de contidos, horarios, calendario, etc de todo o programa, así como as fichas de inscrición en formato editable.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_Inscricion_Xeral_editable_2022.pdf 250 KB
Ficha_Inscricion_Laboratorio_de_escritura_editable_2022.pdf 230 KB
CDRF__Programa_abril_xullo_2022_Folleto.pdf 933 KB
CDRF__Programa_abril_xullo_2022_Cartel.pdf 814 KB