O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de xaneiro a xullo de 2023 se desenvolverá presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública “Juan Compañel”. r/Joaquin Yáñez,6-2º andar).
Entre outras, o Centro acollerá as seguintes actividades: Club de lectura , Faladoiros, Obradoiro de escrita creativa Feminista, Presentación de libros, etc.
Proceso de inscrición:
• Club de Lectura é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala cuberta e firmada ao Centro de Documentación.
• Obradoiro de Escrita Creativa Feminista é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala cuberta e firmada ao Centro de Documentación.
• Resto de actividades: acceso libre ata completar aforo.
Máis información:
Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.
Teléfono: 986 436 441. Mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org
Nos arquivos adxuntos pódese obter información completa de contidos, horarios, calendario, etc de todo o programa, así como a ficha de inscrición en formato editable.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_Inscricion_Xeral_editable_2023.pdf 271 KB
Cartel_Programa_actividades_Centro_de_Documentacion_Feminista_xaneiro_xullo_2023.jpg 374 KB
Cartel_programa_actividades_Centro_Documentacion_Feminista_xaneiro_xullo_2023.pdf 734 KB
Programa_actividades_Centro_Documentacion_Feminista_xaneiro__xullo_2023.pdf 983 KB