Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca as subvencións do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, dirixida á mellora da capacitación e inserción laboral das mulleres das áreas rurais e urbanas.

Poderán solicitar as subvencións os concellos de menos de 5.000 habitantes

Actuacións subvencionables
a) Diagnóstico de empregabilidade e itinerario personalizado de inserción.
b) Accións de orientación laboral e para facilitar a procura de emprego das participantes.
c) Accións formativas de cualificación e recualificación profesional,.
d) Talleres de competencias transversais (alfabetización dixital, traballo en equipo, xestión eficaz do tempo, orientación ao logro, entre outras).
e) Acompañamento durante o desenvolvemento do itinerario personalizado realizado polas participantes.
f) Incentivos para a participante atendida pola contía e condicións reguladas nesta orde.
g) Prospección do mercado laboral do territorio en que se desenvolva o programa.
h) Captación de ofertas de emprego

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de outubro de 2022.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedemento TR332E
Máis información no DOG do 31 de marzo de 2022