Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega convoca 400 bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

Do total de prazas convocadas, 70 bolsas asignaranse entre os/as participantes dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia

e as 330 bolsas restantes asignaranse entre os/as participantes dos centros educativos do resto das Comunidades e Cidades Autónomas de España.

INSCRICIÓNS: Dende o 04/09/2023 ata o 27/09/2023

O prazo remata ás 13.00 h.

REQUISITOS:

-Estar matriculado/a e cursando 4º de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade ou Cidade Autónoma do territorio español durante o curso 2023-2024, fóra dos centros docentes privados estranxeiros en España. O Programa considera “centro docente privado estranxeiro en España” aqueles así cualificados polo Ministerio de Educación na súa páxina web.

-Realizar os cursos académicos de 1º, 2º e 3º de ESO conforme ao sistema educativo español.

-Non gozar dunha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun país estranxeiro, durante os cursos de 1º, 2º, 3º e/ou 4º de ESO.

-Nota media mínima de “Notable” en 3º de ESO (ver táboa de equivalencias numéricas, “Notable” (8)).

-Información Tributaria da unidade familiar. A participación no Programa non require un nivel mínimo ou máximo de ingresos por familia, aínda que deberá acreditarse a situación fiscal da unidade familiar achegando o certificado tributario que se solicita no seguinte apartado.

-Estar en posesión de DNI ou NIE.

-Ademais, para poder gozar da bolsa, os/as participantes que resulten seleccionados/as deberán dispoñer de pasaporte español no momento da tramitación do visado.

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

Cada unha das bolsas do Programa para o curso escolar 2024-2025 inclúe os servizos especificados a continuación:

Preparación e Saída.

Estadía en Canadá ou Estados Unidos.

Regreso á cidade de orixe en España.

PÁXINA WEB: https://becas.faortega.org/

CONTACTO:

Fundación Amancio Ortega

Tel.: 900 103 651

info@becas.faortega.org

Publicación: BOE 04/09/2023