Gustaríache coñecer máis España, a súa cultura e os seus pobos, á vez que axudas aos demais como voluntario/a?
O Programa de Campos de Voluntariado Internacionais é unha forma de voluntariado que consiste na realización de traballos de contido social que reverten en beneficio para a comunidade na que se desenvolven.
Estes proxectos ofrecen a posibilidade de coñecer novos lugares e formas de cultura e de compartir experiencias e colaborar con outros mozos de países e realidades diferentes.
Desenvólvense no verán (durante polo menos 15 días) e están dirixidos a mozos e mozas de entre 18 a 30 anos e de múltiples procedencias. Os proxectos, que se realizan en países de Europa, Asia, África e América, son de varios tipos, incluíndo rehabilitación de patrimonio histórico, ambientais, culturais/artísticos e de acción comunitaria e intervención social, entre outros.
Nesta ocasión, o folleto que vos traemos é o correspondente aos campos de voluntariado internacional que se levarán a cabo en territorio nacional.
Podes consultar o programa de Campos de Voluntariado Internacionais para o 2023 na seguinte ligazón: www.injuve.es/workcamps
Máis información en svi@injuve.es