Programa de prevención para menores de 14 anos en conflito social e as súas familias

Trátase dun programa gratuíto, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do IRPF. O obxectivo principal deste programa é atender aos nenos e nenas menores de 14 anos que levaron a cabo un comportamento tipificado como delito e/ou infracción, pero que debido á súa idade non están suxeitos á Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, Reguladora da Responsabilidade Penal do Menor, sendo por iso inimputables.