Programa do bono de alugueiro social

Convocatoria das axudas do Programa do bono de alugueiro social, para o ano 2021, con financiamento plurianual, que se tramitarán cos códigos de procedemento VI482A e VI482B.

A solicitude de concesión inicial realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482A). As solicitudes de concesión de prórroga realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo VI a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482B). As solicitudes deberán dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA