A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Programa formativo: “Cooperativa, alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro e marzo de 2025 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
CURSOS DO PROGRAMA `COOPERATIVA, ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA´:
– Emprendemento cooperativo para a mocidade | 25 h. | Teleformación | Do 18 de febreiro ao 10 de marzo 2025
– Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. | Teleformación | Do 11 ao 30 de marzo de 2025
– Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 31 de marzo ao 24 de abril 2025
Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos.
Prazo de inscrición: ABERTO
Máis información: ESPAZOCOOP