Programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2020/21

O Programa Xogade, nacido na tempada 2009/10 con dúas actividades, segue evolucionando ano a ano co obxectivo de promover e fomentar a práctica de actividade física na poboación escolar galega ao abeiro do Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia.

Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPAS, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas escolares, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2020/21 son:

– Actividade deportiva escolar.

– Actividade deportiva federada-seguro federado 6 a 16.

– Coñece o meu club.

– Proxecto Deportivo de Centro.

– Xogando coa auga e co vento.

– Xogos tradicionais e populares.

– Espazo lúdico.

– Actividades de promoción.

A canle de comunicación oficial será a web xogade.xunta.gal, onde se atopa a ligazón da aplicación para realizar a inscrición no Programa Xogade. Á páxina web de Xogade poderase acceder tamén a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal