Programa Xuventude Crea

Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do
programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
2. Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo
da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa pro-
moción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda
deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía,
moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes es-
pecialidades:
a) Artes plásticas.
b) Arte urbana.
c) Banda deseñada.
d) Cociña.
e) Creación de videoxogos.
f) Danza moderna.
g) Deseño de xoias.
h) Fotografía.
i) Moda.
j) Música.
k) Novela curta.
l) Poesía.
m) Teatro.
n) Videocreación

Premios
1. Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade
de música.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220705/AnuncioG0657-200622-0001_gl.pdf