Programación de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas: setembro-decembro 2021

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de setembro a decembro de 2021 organizamos en formato virtual no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública “Juan Compañel”. r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)

Retomaremos actividades como: Club de lectura , Faladoiros, Espazo Wikimulleres , Laboratorio de lectura e escritura, etc.

Descargar programación completa AQUÍ.

Proceso de inscrición:

  • Club de Lectura é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviar ao Centro de Documentación. Descargar folla de inscrición específica en formato editable (DESCARGAR)
  • Laboratorio de Lectura e Escritura é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviar ao Centro de Documentación. Descargar a folla de inscrición específica en formato editable (DESCARGAR)
  • Resto de actividades: acceso libre. Como se realizarán en formato virtual, publicitarase a correspondente clave para acceder á Plataforma Meet nos días previos á actividade.

Máis información:

Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.

Teléfono: 986 436 441. Mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org

Asemade, pódese consultar a nosa paxina web http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=512 e facebook (“igualdadevigo”) para obter toda a  información do programa así como as follas de inscrición en formato editable (para as actividades que requiren inscrición previa).