Programación no Centro de Documentación e Recursos Feministas ata decembro

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo difunde o programa de actividades que realizará durante o período de setembro a decembro de 2020

Retomaremos actividades como:
Presentacións de libros, club de lectura (inscrición previa), faladoiros, espazo de traballo permanente de Wikimulleres (inscrición previa), laboratorio de lectura e escritura (inscrición previa), etc.

Protocolo Covid-19:
Pola seguridade do público e persoal do Centro de Documentación tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.

Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.

Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 14 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa COVID-19, así como que non se estivo en contacto con ninguén con dita sintomatoloxía.