Programas de axudas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro de 2023
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2023 e en http://igualdade.xunta.gal