Programas de emprego para persoas mozas no ficheiro do Sistema de garantía xuvenil

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade, das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (etapa de formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA