Proxección do filme ” Nación” de Margarita Ledo

Desde a Concellería de Igualdade lembramos que mañá mañá venres, 17 de setembro, ás 19:00 h proxectaremos no Auditorio Municipal o filme 1 

+NACIÓN”, de Margarita Ledo Andión, con posterior coloquio coa directora.

Duración do filme: 92 min.

Breve sinopse: “ A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.”.

Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega S.L Acceso do público:

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº

Entrada de balde. Aforo reducido

Apertura de portas 20 minutos antes do comezo da sesión.

Seguirase o protocolo fronte á Covid-19, con identificación do público para a asignación de butacas.