Queres adoptar un gato ou un can?

A Xunta de Galicia convoca axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción, o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.

Serán subvencionables os custos derivados da identificación, esterilización, desparasitación e vacinación, segundo proceda, que o propio centro de recollida ou un centro veterinario colaborador deste poida repercutir sobre quen adopte un animal doméstico de compañía abandonado acollido nun dos centros de recollida autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Listaxe de centros de recollida autorizados en Galicia

O importe máximo da axuda será de 150 €/animal da especie canina adoptado e de 125 €/animal da especie felina adoptado.
O número máximo de animais polos que se poderá percibir a axuda será dun máximo de dous (2) animais por persoa.

As axudas serán para as adopcións que se produzan ata o 30 de setembro de 2024, incluído.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento MT811C
Máis información no DOG do 12 de xuño de 2024