Queres expoñer a túa obra en Vigo?

Ata o vindeiro 9 de xuño está aberto o prazo para presentar proxectos de exposicións artísticas á Casa das Artes e á Casa Galega da Cultura, en Vigo.

O Concello de Vigo fai unha convocatoria para a selección de proxectos expositivos da Rede de Museos do Concello de Vigo para o segundo semestre do ano 2024 e o ano 2025.
Seleccionaranse proxectos artísticos e expositivos para que poidan ser instalados na Casa Galega da Cultura e na Casa das Artes.

Casa Galega da Cultura. Espazo de apoio ao talento creativo das e dos artistas emerxentes que procedan ou residan en Galicia, de ata 35 anos de idade, en calquera disciplina da creación artística (pintura, escultura, fotografía, instalación, audiovisual, moda, deseño…) ou calquera outra transdisciplinar propia das Artes Plásticas e Visuais.

Casa das Artes. Espazo para a programación de exposicións temporais por parte de artistas, comisarias e comisarios, xestoras e xestores culturais, entidades e outros axentes activos do circuíto profesional.

Poderán participar nesta convocatoria artistas, comisarias e comisarios, xestoras e xestores culturais, entidades e outros axentes activos que realicen proxectos expositivos, exposicións ou instalacións sobre calquera disciplina de creación artística para seren exhibidos e gozados polo público nestes centros museísticos do Concello de Vigo.
No caso de que artistas individuais queiran participar cun proxecto conxunto, poderán facelo baixo a denominación dun nome colectivo, identificando a cada un dos seus compoñentes e nomeando un representante interlocutor.
De maneira específica, as e os artistas solicitantes que concorran ao espazo expositivo da Casa Galega da Cultura deberán ter unha idade máxima de 35 anos e proceder ou residir en Galicia.

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4799&lang=ga