Renovación das Axudas ao Alugamento de Vivenda

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca a renovación das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 de 2021 para o ano 2022 (código de procedemento VI432B).

Estas axudas van dirixidas as persoas físicas maiores de idade que obtiveron a condición de persoa beneficiaria da axuda na convocatoria do ano 2021 (DOG núm. 60, do 30 de marzo) e que non perderon o dereito á subvención.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de marzo de 2022 e rematará o 31 de marzo de 2022.

Extracto da convocatoria