Reporteiros na rede

A Fundación Ibercaja a través do concurso Reporteiros na Rede quere fomentar a aprendizaxe das competencias globais do século XXI: o pensamento crítico, a comunicación, a investigación, a dixitalización, a innovación, a creatividade e o traballo cooperativo.

O concurso Reporteiros na Rede é unha proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía por parte dos estudantes aplicado ás seguintes áreas temáticas: a ciencia, a educación financeira, e a mobilidade.

Os alumnado interesado poderá optar por participar nunha ou varias das temáticas, podendo usar unha das modalidades ou ambas.

Os traballos pódense presentar en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.

Áreas temáticas:
– Ciencia-tecnoloxía: o contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento científico e abordar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.
– Mobilidade: o contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sostible.
– Educación financeira: o contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado con coñecementos, comportamentos e valores que permiten ás persoas e/ou empresas tomar decisións financeiras na súa vida diaria. Quedan tamén dentro desta área aqueles contidos relacionados con actualidade económica, sector financeiro, fiscalidade, seguros, consumo e o desenvolvemento da iniciativa emprendedora.

Modalidade «Artigo Escrito»: os/as participantes –individualmente ou en grupos de 2 alumnos/as– realizarán un artigo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten. En todas as temáticas deberase utilizar, exclusivamente, a información dispoñible na internet. O artigo, de redacción orixinal do alumno/a e inédito, non poderá ser inferior a mil palabras nin exceder as mil cincocentas, e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas. Estará escrito en español e en documento Word ou LibreOffice, segundo o modelo proporcionado pola organización do concurso.

Modalidade «Peza Audiovisual Curta (vídeo)»: os participantes –en grupos de ata cinco alumnos– realizarán un vídeo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten. Poderase utilizar tanto material propio como o dispoñible na internet, sempre que os seus propietarios autoricen o seu uso noutras obras. O vídeo será inédito, non poderá exceder os cinco minutos de duración e irá acompañado dunha listaxe citando os recursos alleos utilizados. O audio do vídeo estará en español ou na súa falta, subtitulado en español. A organización do concurso proporcionará os persoais para os créditos iniciais e finais do vídeo. O arquivo final non poderá superar os 600 Mb de tamaño e a altura dos fotogramas non poderá ser inferior a 480 píxeles. As escenas de vídeo gravaranse sempre en formato apaisado, nunca en vertical.

Inscrición: ata o 17 de xaneiro de 2022.

O prazo de entrega dos artigos escritos e dos vídeos estará aberto ata o 7 de febreiro de 2022. 

Requisitos
Poderán participar todos os/as estudantes de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos (idade límite 20 anos) de centros educativos situados en territorio español, coordinados por un/ha profesor/a do seu centro.

Premios
Artigo Escrito:
– Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”: Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €. ESO: Premio por valor de 1.150 €
– Na modalidade de “Mobilidade”: Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €. ESO: Premio por valor de 1.150 €
– Na modalidade de “Educación Financeira”: Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €. ESO: Premio por valor de 1.150 €

Peza Audiovisual Curta (vídeo):
– Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”: Premio por valor de 1.150 €
– Na modalidade de “Mobilidade”: Premio por valor de 1.150 €
– Na modalidade de “Educación Financeira”: Premio por valor de 1.150 €

Ademais dos premios outorgados aos participantes, os profesorado coordinador dos traballos premiados recibirán unha gratificación de 250 € en recoñecemento ao seu interese e dedicación.

https://www.fundacionibercaja.es/public/pub/doc/concursoreporterosenlared2022.pdf