Reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito

Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de cada ano natural. Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte. Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso son os que se indican a continuación: – Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1) – Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente) – Prazo extraordinario de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

+Info: SEDE ELECTRÓNICA