Cíes

Rutas pola Ría de Vigo

 

O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2021, pon en marcha tres rutas guiadas pola pola Ría de Vigo destinadas á poboación infantil e xuvenil e ás súas familias, co obxecto de ofertar un tempo de lecer familiar, educativo e cultural.

As actividades de Rutas pola Ría de Vigo 2021 van dirixidas aos nenos e nenas e as súas familias, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no concello de Vigo.

globo Inscricións

As inscricións serán procesadas por orde cronolóxico de chegada.
Inscribirase na Área Privada da web como solicitante o/ pai/nai/ titor/titora e posteriormente engadirá ás/aos seus fillos/as. No caso de ser familia numerosa, xunto cos seus fillos/as poderá engadir ao outro pai/nai/titor/a.
Comprobaráse que tódolos integrantes da solicitude figuren empadroados no concello de Vigo.
Confeccionarase a lista de participantes que será remitida á navieira para a correspondente solicitude de autorizacións á Xunta de Galicia.
Non se garantiran as prazas ata que a Xunta as autorice á navieira.
A navieira será encargada de comunicar as prazas autorizadas ás persoas beneficiarias.
* No caso de suspenderse a actividade por climatoloxía adversa, será a navieira a que comunique ás persoas beneficiarias unha data alternativa.
Alcabre

Desembarco nas Illas Cíes

 

globo Información xeral

Actividades: ruta de un día nas Illas Cíes que inclúe viaxe en barco, ruta guiada e actividades de animación. (*non se inclúe a comida)

Destinatarios/as: 1 pai/nai/titor/a acompañando aos seu fillos/as nacidos/as entre os anos 2005-2017. No caso de familias numerosas permitirase que acudan os dous proxenitores.

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

A navieira será encargada de comunicar as prazas autorizadas ás persoas beneficiarias. Tfno: 986229235

Horario: de 11:00 a 19:30 horas.

globo Quendas

Xullo: 20, 21, 26 e 28.
AS RUTAS DE CÍES XA ESTÁN COMPLETAS
Setembro: 1, 4, 12, 18 e 26.
AS RUTAS DE CÍES XA ESTÁN COMPLETAS
Verne

Ruta 'Un mar de Verne'

 

globo Información xeral

Actividades: ruta guiada pola ría viguesa que terá como temática a literatura, a historia e os recursos naturais. Así mesmo con esta actividade preténdese poñer en valor a acuicultura da ría de Vigo. Con saída dende o Real Club Náutico. A duración será de 1:30 horas.

Anos de nacemento: nacidos/as entre os anos 2005-2013.(non acompañados de adulto/a).

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

A navieira será encargada de comunicar as prazas autorizadas ás persoas beneficiarias. Tfno: 606169037

Lugar de encontro: estatua de Julio Verne 15 minutos antes da hora de saída do barco.

Horario: martes e xoves e sábados de 10:00h a 11:30h.

globo Quendas

Xullo: 15, 17, 20, 22, 24, 27, 29 e 31.
Agosto: 3, 5, 7, 10, 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28.
Setembro: 2, 4, 7, 9, 11, 14, 16, 21, 23, 25, 28 e 30.
Outubro: 2, 5, 7 e 9.
Científico

Ruta de divulgación do coñecimento da ría

 

globo Información xeral

Actividades: a bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental o/as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de de 1:30h de duración.

Anos de nacemento: nacidos/as entre os anos 2005-2013. (non acompañados de adulto/a).

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

A navieira será encargada de comunicar as prazas autorizadas ás persoas beneficiarias. Tfno: 600854260

Lugar de saída: fachada principal do R.C.N.V. 15 minutos antes da hora de saída do barco.

Horario: martes e xoves de 12:00h a 13:30h e mércores de 10:00h a 11:30h.

globo Quendas

Xullo: 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29.
Agosto: 2, 4, 5, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 e 31.
Setembro: 1, 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30.