Running Teatro en Vigo

Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito, chega a unha vez máis a Vigo, e será este mes de Setembro. En escea, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia. A cita de este evento será o próximo Sábado 21 de Setembro, ás 20:30 horas, na Asociación de Veciños Feira de Cabral (Vigo).  .

Os actores Stephy Llaryora e Sergio Macías serán os protagonistas desta historia de «amor» e de «humor» da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas.

Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.Información do evento

👉

Sábado 21 de Setembro ás 20:00h.

👉 Entrada gratuita. Aforo limitado.
◾ Reservas anticipadas a través de mensaxe de WhatsApp aos números de teléfono +34 609 80 82 88.
◾ Máis información no siguente ligazón. Evento de Facebook.
◾ Evento organizado pola Asociación de Veciños Feira de Cabral coa colaboración da Deputación de Pontevedra.Sinopse de Running

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?

E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.

Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.