San Simón Fiddle 2021

A Asociación Cultural Galicia Fiddle ofrece dúas bolsas de axuda para asistir ao curso San Simón Fiddle, que se celebra do 5 ao 11 de xullo na Illa de San Simón (Redondela).

San Simón Fiddle está dirixido a instrumentistas de corda con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos. Consiste nunha semana de convivencia, onde ademais da música tradicional galega, cada ano achéganse ás músicas de outras culturas, con mestres de prestixio do país invitado. Este 2021 celebran o X aniversario do curso cunha edición adicada á música popular de Italia.

As persoas interesadas enviarán un correo electrónico a info@galiciafiddle.com coa seguinte información:
– Datos persoais: nome completo, idade, dirección, lugar e data de nacemento
– Datos de contacto: teléfono e correo electrónico
– Breve reseña da súa experiencia co instrumento e estudos musicais cursados ata o momento (reglados ou non reglados)
– Carta de presentación explicando os motivos persoais polos que quere participar no curso
– Documentación oportuna que xustifique a situación económica

Información acerca do curso: https://www.galiciafiddle.com/san-simon-fiddle/