Santander Emprega Cultura

A Fundación Banco Santander lanza a 8ª Edición do programa Santander Emprega Cultura, un programa destinado a crear emprego entre a mocidade especializada en cultura contemporánea e a axudar a medrar de forma sostible ás organizacións do sector cultural.

Para levalo a cabo, Fundación Banco Santander realizará dúas convocatorias consecutivas:
– Unha primeira Convocatoria para organizacións que queiran cubrir un posto de traballo dentro da súa estrutura.
– Unha segunda Convocatoria para os candidatos que queiran optar a estes postos.

Presentación de solicitudes:
– Para Organizacións: Cada Organización Participante deberá enviar a súa solicitude a través da páxina web da Fundación. Poderase presentar un único posto de traballo vacante nesta convocatoria.
– Para Candidatos/as: Cada Candidato/a deberá enviar a súa solicitude a través da páxina web da Fundación.

Prazos:
– Convocatoria para Organizacións Participantes: presentación de solicitudes: do 2 ao 30 de novembro de 2021 ás 17:00 horas.
– Convocatoria para Candidatos Participantes: presentación de solicitudes: do 2 ao 16 de febreiro de 2022 ás 17.00 horas.

A data de incorporación dos candidatos ás organizacións será maio de 2022.

O Programa ten dous tipos de destinatarios:
1. Organizacións relacionadas coa cultura contemporánea que necesiten incorporar un empregado na súa estrutura.
2. Candidatos en situación de desemprego con formación relativa ao sector cultural que estean interesados nos postos ofertados.

https://www.fundacionbancosantander.com/es/cultura/santander-emplea-cultura