Semana Europea da Mocidade 2024

A Semana Europea da Mocidade (SEJ/EYW) é unha campaña bienal da Comisión Europea co obxectivo de promover a cidadanía activa entre os mozos, dar a coñecer as oportunidades que a UE lles ofrece como os programas Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade, e escoitar as súas opinións sobre os temas que lles interesan.

A edición de 2024 terá lugar do 12 ao 19 de abril, dous meses antes das eleccións europeas, que se celebrarán entre o 6 e o 9 de xuño de 2024. Polo tanto, durante a Semana poñerase o foco na posta en práctica da democracia e a importancia de que os mozos participen nas eleccións.

Baixo o lema “Dálle voz á túa visión. Democracia en acción”, desde o 12 ao 19 de abril (e durante as semanas anterior e posterior) diferentes entidades organizarán actividades, en diversos formatos (debates, exposicións, charlas, xornadas de portas abertas,…) para impulsar estes obxectivos.

Todas as actividades serán difundidas a través da páxina da SEJ/EYW na que poderás consultar, a través do mapa, as que estean máis preto de ti ou que che resulten máis interesantes.

Se vas organizar unha actividade no marco da Semana é, tamén, o sitio no que debes rexistrala; iso asegurarache a súa difusión.

Fai que se oia a túa voz! Votar é unha forma de facelo.

Máis información
https://youth.europa.eu/