Servizo de Orientación Laboral do Concello de Vigo

Servizo de Orientación Laboral (SOL) contémplase como un instrumento para informar, apoiar e asesorar nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas a través de accións individuais e grupais que contribúan a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

Trátase de achegar un servizo integral no que se combinen políticas de emprego e inserción pensadas para dar resposta a aquelas persoas que desexen mellorar o seu emprego, reconducindo a súa carreira profesional.

Consiste nunha serie de actuacións para darlles servizo ás persoas usuarias do servizo, que contemplen un amplo abano de perfís das persoas que busquen traballo, e que conxuguen coas necesidades das empresas, buscando a colaboración co tecido empresarial da cidade.

+Info: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL