Servizo de Orientación laboral en materia de emprego no contexto do Covid-19

O Concello de Vigo, a través do seu SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL (SOL), atenderá as consultas que se formulen en materia de emprego neste actual contexto de inestabilidade e confinamento, para resolver as dúbidas e inquedanzas na materia.

Esta medida estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá, continuando ca labor de información e apoio á cidadanía.

As persoas interesadas poden dirixir as súas consultas a través da conta de correo electrónico que se indica a continuación:

empregocovid19@vigo.org

https://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos.php?id=4133&lang=gal#/