Subvencións a actuacións dirixidas programa sociais

A Xunta de Galicia convoca subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Entidades beneficiarias: Entidades de acción social sen ánimo de lucro e a Cruz Vermella Española.

Liñas de actuación
– Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica
– Actuacións de inclusión social
– Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade
– Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social
– Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero
– Actuacións de promoción da autonomía persoal de apoio a persoas maiores e a persoas dependentes
– Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores e a persoas dependentes
– Proxectos de investimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil

Os formularios de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código BS623D
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2024.
Máis información no DOG do 20 de setembro de 2024 e en http://politicasocial.xunta.gal