Subvencións a asociacións xuvenís de estudantes

O Ministerio de Universidades convoca subvencións a asociacións xuvenís e a federacións e confederacións de estudantes cuxo ámbito de actuación sexa a universidade.

As beneficiarias das presentes subvencións serán Asociacións xuvenís e Federacións e Confederacións de estudantes de ámbito nacional cuxa implantación e campo de actuación sexa o Sistema Universitario e por tanto, o ámbito territorial de máis dunha Comunidade Autónoma, que teñan como finalidade participar na vida universitaria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de setembro de 2021

Máis información no BOE do 7 de setembro de 2021