Subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino

O obxecto das subvencións ao que se refiren as presentes bases responde á finalidade de promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais). Este apoio materializarase en contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento destes clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas e entidades deportivas do municipio de Vigo, durante a tempada deportiva 2020/2021, ou do ano 2021 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA