Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito local

O obxecto destas bases é regular o procedemento para a concesión de axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social, para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións de atención especializada dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade.

Serán subvencionables aquelas actuacións dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas e calquera outra de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

+Info: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA