Subvencións a entidades sen fins de lucro para o apoio a festivais audiovisuais

Considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, está presente en todos os ámbitos da sociedade actual, a Deputación de Pontevedra quere impulsar un novo marco de actuación cultural baseado nas seguintes premisas:

1.—O pulo do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade e a nosa provincia

2.—A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e darlle rendibilidade social e económica á cultura galega

3.—A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais

4.—O fomento de marcos e espazos expositivos para a promoción dos produtos audiovisuais galegos na provincia de Pontevedra

+Info: BOLETÍN OFICIAL PONTEVEDRA