Subvencións a proxectos de voluntariado xuvenil

A Consellería de Política Social convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, que realicen proxectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2021.

Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarios/as na realización dos proxectos de voluntariado

Proxectos subvencionables
Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan mozos/as de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos; para os menores de 18 anos precísase, ademais, autorización do pai/nai ou titor/a legal, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, prioritaria pero non exclusivamente, nalgunha das seguintes áreas:

a) Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
b) Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
c) Actividades con colectivos en situación de risco.
d) Actividades xuvenís.
e) Actividades ambientais.
f) Actividades relacionadas coa igualdade de xénero ou actuacións dirixidas a proxectos ou programas que desenvolvan medidas orientadas á prevención e sensibilización en materia de violencia de xénero.
g) Posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte das entidades.
h) Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.
i) Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.
j) Actividades relacionadas coa COVID-19 no actual contexto de crise sociosanitaria.

Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración entre 15 e 60 días desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2021. As xornadas diarias serán de 6 horas como mínimo e se son inferiores sumaranse as horas diarias ata completar xornadas de 6 horas.

Requisitos:
– As entidades de acción voluntaria e as entidades locais deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
– Terán sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolveran os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
– Terán debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias.

As solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento BS320A
prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Máis información no DOG do 31 de marzo de 2021 e en www.voluntariadogalego.org