Subvencións para a adquisición de vivenda xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan as subvencións para a adquisición de vivenda xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (códigos de procedemento VI435A e VI400A).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2020 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA