Subvencións para a contratación de menores de 30 anos

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego.

Liñas de axuda:
– Liña 1: programa de prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas.
– Liña 2: programa de formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional. Poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivese outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo.

Entidades beneficiarias: persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
Tamén poden ser beneficiarias os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia

contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de:

a) Incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa:
a.1. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.
a.2. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.
a.3. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €.

b) Incentivo á formación: por cada persoa moza contratada, para a impartición dun programa formativo en competencias brandas, cunha duración mínima de 60 horas:
b.1. 2.000 € para formación presencial
b.2. 1.000 € para teleformación.

As persoas mozas serán contratadas a tempo completo ben na modalidade de obtención de práctica profesional ben de contrato de formación en alternancia durante un período mínimo continuado de 12 meses en ambos os casos, salvo que se trate dunha substitución.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 2 de outubro de 2023.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co procedemento TR353C
Máis información no DOG do 24 de agosto de 2023