Subvencións para a produción de libros

A Xunta convoca axudas para a produción de audiolibros e de libros en lectura fácil para favorecer o acceso universal á lectura e á creación literaria. 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar  a nova convocatoria de subvencións para a produción de audiolibros e de libros en lectura fácil, dúas liñas de axudas ás que se destinan 150.000 euros con carácter plurianual para 2024 e 2025. 

Con esta liña de axudas a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades busca impulsar a produción editorial en novos formatos, para favorecer así o acceso universal á lectura e á creación literaria galega por parte de toda a poboación. 

As persoas interesadas, que deben acreditar a condición de editoras, poderán solicitar estas axudas ata o 8 de abril. 

O obxectivo desta iniciativa é o de incentivar a produción de libros, que favorezan tanto a dixitalización como o acceso universal á cultura, a través da posta no mercado de audiolibros e de libros en lectura fácil, dous ámbitos prioritarios para o fomento da lectura e a cultura galega inclusiva. 

Máis información no DOG 11 de marzo de 2024.