A finalidade destas bases serán as actividades e proxectos de índole social que se desenvolvan na provincia de Pontevedra durante o exercicio 2023, dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.
Quedan fóra do obxecto desta convocatoria as actividades e os proxectos que teñan por finalidade conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista, ao existir nesta institución provincial unha convocatoria neste eido.
+Info: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA