Subvencións para entidades de iniciativa social que traballan a prol da igualdade

A Deputación de Pontevedra publicou hoxe as bases reguladoras das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contras as violencias machistas. Con respecto aos anos anteriores, estas achegas adiántanse no calendario para que os colectivos e as asociacións poidan ter os recursos canto antes. Ademais, o Goberno provincial incrementou as axudas ata os 108.000 euros para reforzar así unha das liñas estratéxicas da institución.

O prazo de presentación das solicitudes para acceder ás subvencións será dun mes, contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma. A súa presentación realizarase obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).