Subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá

A Concellaría de Cultura, Emprego e Participación Cidadá convoca anualmente un programa de subvencións cuxos destinatarios son Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais que operen no movemento veciñal.

O obxecto destas subvencións é, colaborar no financiamento das entidades beneficiarias, para facilitar o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades.

A contía total destinada a estas axudas para o vixente exercicio presupostario é de 330.000,00 euros. Considéranse gastos subvencionables, os realizados dende o 1 de novembro de 2019 ata o 30 de outubro de 2020, e que se encadren en algún dos seguintes programas:

• Programa I: Gastos de mantemento

• Programa II: Gastos en investimento. Equipamento.

• Programa III: Gastos en investimento. Obras e adquisición de Inmobles

+Info: BOLETÍN OFICIAL PONTEVEDRA