Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades que operen no movemento veciñal e figuren rexistradas nos epígrafes 10.1 ou 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais), que cumprindo os requisitos e finalidade da mesma, fomenten o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades xerais ou específicos que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA